Elmer

978-84-8464-380-7
GALLEGO
36
TRAS OS MONTES
15,00 €

A pel de Elmer é de moitas cores e, malia que quixera parecerse aos seus conxéneres, sempre será multicolor. Afortunadamente!
Cumpridos 30 anos dende a súa publicación, este clásico
da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea aborda con humor e simpatía as dificultades para aceptarnos tal como somos,
recoñecendo e poñendo en valor o que nos diferenza dos demais.
Co apoio dos seus compañeiros, que aprezan a súa ledicia
e simpatía, o tenro e entrañable protagonista desta serie mundialmente coñecida logrará superar a inseguridade,
a tristura e o rexeitamento inicial que sentía polo seu aspecto.
Unhas ilustracións cheas de colorido e contrastes, e un relato
con tensión narrativa ben resolta, fan desta obra un recurso imprescindible para primeiros lectores.